O Leyma pon o balón en xogo para comezar o último cuarto...
A presión do Obra no saque faille perder ao Leyma a posesión.
Sergi lanza...
...¡¡¡ E anota a tripla !!!
Non podía empezar mellor para o Obra o partido. + 6.
Boa xogada do Leyma para que Thiam faga a canasta: 79 - 75.
Recupera en defensa o propio Thiam...
E na contra, Pacheco fai a canasta: 79 - 77.
Os lanzamentos de 3 puntos non entran...
... Ate que tras un novo rebote ofensivo galán logra anotar: 81 - 77.
Falta de Kravic sobre Thiam, quen anota os 2 tiros libres: 81 - 79.
Mate espectacular de Brito, veñan a cara de Galán...
Obra mantendose por diante no partido. Tripla que erra Jacobo Alejano.Kravic anota con calidade: 85 - 79.
Tempo morto e Sar seguía festexando.
O Leyma quere xogar por encima do aro...
Galán corta a xogada...
...Cotraataque no que Brito lanza a tripla...
Nova tripla que nos despega un pouco mais: 88 - 79.
Barro anota baixo o aro do Obra o 88 a 81.
Galán erra outra tripla...
E Diop acerta co seu lanzamento de 3 puntos...
O partido non podía estar mais emocionante.
Galán a 2 metros non falla: 90 - 84.
Outra boa defensa doObra permítelle recuperar a pelota...
Contra na que Barcello lanza a tripla...
¡¡¡ Tripla !!!
Novamente Sar posto en pe.
Novamente Sar desfrutando: 93 - 84.
O Coruña falla esta tripla, e o Obra controla o rebote.
Pero unha perda en campo propio costalle unha canasta do Leyma:
93 - 86.
Kravic non anota e Radoncic faise co rebote.
Na contra anota Jorgensen: 93 - 88.
Tempo morto de Epi, e Carles Marco protesta, recibindo unha técnica.
Charly Uzal seguía atento o encontro.
Barcello anota o tiro libre: 94 - 88.
Na acción posterior Leo asiste a Kravic...
Que anota para colocar ao Obra +8.
Jorgensen non encesta para seu equipo.
Tampouco o fai Kravic na seguinte acción.
Radoncic non perdoa e fai o 96 a 90 a menos de minuto e medio para terminar.
Leo tira de galóns para anotar esta tripla que ¿nos daría
a tranquilidade para non sufrir?
Tripla do Leyma...
Non entra pero o balón segue en poder dos de naranxa.
Falta sobre Jorgensen que anota o primeiro e falla o segundo tiro libre...
Novo rebote ofensivo para Leyma...
E outra falta do Obra, pola que Cremo lanza e anota 2 tiros libres:
99 - 93.
Obra fai un ataque largo, que culmina con este lanzamento de Barcello que non entra...
A que entra e a tripla de Pacheco para darlle emoción de novo ao encontro.
Tempo morto do Obra para planificar a seguinte xogada.
A Charly non lle gustaba o desenlace...
O Obra logra gastar 7 dos 12 segundos que restaban para o remate, ate que Barcello recibe a falta que lle da dereito a anotar 2 tiros libres. Non lle tembla o pulso e anotaos: 101 -96.
Cuevas anota a tripla para o 101 - 99.
Nunha última acción defensiva, O Leyma faille falta a Quintela, que anota os 2 tiros libres...
E termina o encontro con saúdos cordiais entre ambos adestradores.
(Bueno querido lector - lectora, se chegaches ate aqui darche as grazas pola paciencia en ver as fotos, e desexarche que non tiveras moita resaca neste inicio de 2026, e que sexa un gran ano para todos nos, e para o Obra tamén).