Translate

domingo, 25 de octubre de 2020

O PRIMEIRO SORTEO DA TEMPORADA 2020-21

Arrancou a temporada 2020-21, e de momento o Obra estamos ensinando que segue sendo ese equipo que o vai intentar sempre. E de momento vainos ben, pois estamos tendo uns resultados mais que notables. Pouco a pouco imos dando pasiños cara o noso título particular, a permanencia por méritos deportivos, que non é pouco. 

E inda que o temos que ver pola tv, disfrutamos do noso Obra coma sempre, que, nestes tempos non é unha mala nova.

Mentras esperamos que veñan mellores dias imos cun sorteo... A fortuna fizo que esta camiseta, asinada por todoo plantel do Obra 2020/21 caera nas nosas mans, e queremos que este "tesouro" sexa para algún/ha obradoirista que o mereza mais.


Pero este non é o único regalo. Xa pola espera, e porque o merecedes, imos ter outros 2 premios. O listado completo de premios vai ser:

I.- Camiseta asinada polo plantel do Obra 2020/21 + fotos de Pepe Pozas - Czerapovic - Álvaro Muñoz - Mike Daum.
 
II.- Fotos asinadas de Laksa - Kostas - Magee - Brodziansky - Calloway.

  III.- Fotos asinadas de Laksa - Navarro - Spires - Magee.

¿Que hai que facer para participar no sorteo?

O 1º E IMPRESCINDIBLE ser seguidor/a do blog (actualmente somos 250). Facerse seguidor/a só leva uns minutos. Na columnna da dereita, pulsando no boton "Participar en este sitio" accedes a ser seguidor.  
 
O 2º responder cun comentario á pregunta:

¿ QUE XOGADORES REPITEN DO OBRA 2019/20 QUE DEIXOU DE XOGAR ALÁ POLO MES DE MARZO ?
 
  O participar É IMPRESCINDIBLE poñer un mail de contacto no comentario. A orde de participacion na entrada será o número có que se participa no sorteo. Despois escollerase na web de números aleatorios ó gañador/a, a quen lle enviaremos os seus regalos.

O SORTEO SERÁ O PROXIMO DOMINGO 1 DE NOVEMBRO A ESO DAS 22.30 H.

Sorte @s participantes.

miércoles, 21 de octubre de 2020

¡¡¡ VOLVEMOS !!!

Antes de nada desexar a todas e todos as/os amigas/os da web que estedes ben de saúde. Eso é o mais importante.

 


 Visto que a "nova normalidade" veu para quedarse unha temporada, pero desexandos que sexa o mais breve posible, e posto que, de momento inda non é posible ir a Sar, decidimos reaparecer para poñer algúns contidos, facer algún sorteo e retomar o contacto convosco.

Este fin de semana, o domingo antes de empezar o encontro do Obra, poñeremos a primeira entrada da temporada.

Vistas de página en total