Translate

domingo, 2 de febrero de 2020

O OBRADOIRO VENCE CON ROTUNDIDADE A MANRESA (97 - 83)

Esta é a crónica do encontro:


E esta é a estatística:



O Obradoiro superou ó Manresa nos 2 lados da cancha durante moitos minutos do encontro. Tralo arreón local inicial (12 - 2), o Manresa chegou a acercarse a 1 punto (14 - 13).
Pero foi un espellismo. O final do 1º cuarto xa gañaba por 9 puntos (25 - 19), e ó descanso a diferenza era de 22 (54 - 32).
O acerto en ataque era espectacular. E en defensa somos o Obra... Os esforzos tiñan o seu premio en forma de recuperacións e rebotes.

A 2ª parte foi mais de manter as diferenzas. O final do 3º cuarto estaban en 17 puntos (73 - 56), para rematar o encontro 97 a 83. 
Dende logo o Obra está no seu mellor momento da temporada, pois nestes 2 partidos na casa rindeu moi ben tanto en defensa coma en ataque... Que esto siga así. 
E de momento as 9 victorias xa son nosas...

 Pepiño. Gran dirección de equipo con 7 asistencias, + 1 canasta, e 1 rebote defensivo en 22 puntos.

Magee estivo fantástico. Co seu 7 de 11 en lanzamentos triplas dinamitou o encontro. 23 puntos, 1 rebote e 1 asistencia.

Czerapovic. "Traballador incansable"... Da igual cando leas esto. Un currante que ademais as mete: 10 puntos, 7 rebotes e 2 asistencias. Case nada.

 Maxime De Zeeuw. 1 rebote e 2 lanzamentos triplas errados. E o traballo defensivo que non se ve nos números.

Kravic. 14 puntos, 8 rebotes e 1 asistencia. Rápido de pes, e anotando en carreira. Imparable.

David Navarro. Sublime. 7 puntos e 7 asistencias, para xogar 18 minutos coma base.

Kostas. Por fin anotou. Necesitaba facer esepar de triplas para sentirse cómodo. Ademais dou 1 asistencia.

Brodziansky: 19 puntos (5/6 triplas), e 4 rebotes. Gran estado de forma do pivote reconvertido a aleiro.

Mike daum. Outro que está nun gran momento. ¿Rookie? para nada... Xogadorazo: 14 puntos, 3 rebotes e 2 asistencias.

Nick Spires. 2 puntos e 2 rebotes nos 9 minutos disputados.

No banco estiveron Aleix Font e Javi Cal, que non chegaron a saltar á cancha.

 No palco estivo a nova fichaxe do Obra, Laurynas Beliauskas, acompañado por Mateo. ¿José Luis o volverás a facer? ¿Outra perla desas que só ti coñeces...?

E no antepalco, disfrutando coma un obradoirista mais, o noso Micky Stobart coa sua familia. #undosnosos

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Vistas de página en total