Translate

martes, 3 de marzo de 2020

UN MAL OBRADOIRO CAE ANTE O MURCIA (72 - 83)

Esta é a estadística do encontro:


E ista é a crónica:


 Non se lle pudo gañar ó Murcia, porque Obradoiro xogou un mal encontro, e ademais Murcia contou cun gran Booker que se encargou de que os locais non tiveran opcións de deixar o triunfo en Santiago.

Pepe Pozas. 12 puntos, 5 rebotes e 5 asistencias.

 Magee. Anotou a primeira tripla que lanzou e despois non logrou anotar máis. colleu 2 rebotes.

Álvaro Muñoz. Pasoulle o mesmo que a Fletcher Magee. Anotou unha tripla nos primeiros ataques do Obra e logo errou o resto dos tiros que realizou.
Colleu 2 rebotes.

Maxime De Zeeuw. Aportou 1 tripla, 6 rebotes e 2 asistencias.

Kravic. 5 puntos, 7 rebotes e 1 asistencia, en tan só 17 minutos xogados. Na 2ª parte apenas pisou a pista, non sabemos se por decisión técnica ou por problemas físicos.

David Navarro. Non tivo acerto no tiro, nen supo levar a dirección do encontro. Aportou 2 rebotes.

Aleix Font. Xogou case 6 minutos. Repartiu 2 asistencias. Pouco mais se lle veu no partido.

Beliauskas. Debutou ante seu público, xogando pouco mais de 1 minuto. E encontrouse con Rojas. Esperemos que non quedase traumatizado...

Daum. Foi outro xogador dos que tivo un rendemento menor ó de outros dias. Apenas tivo situacións de tiros abertos, lanzando unha tripla nada mais. 
Inda así fixo 5 canastas de 2 puntos, e colleu 5 rebotes.

Nick Spires. Estivo 10 minutos sobre a cancha, onde fallou un lanzamento e capturou 2 rebotes.

Brodziansky: 11 puntos, 3 rebotes e 1 asistencia en 22 minutos. Na 1ª parte o equipo apenas o buscou, cando é un dos referentes ofensivos do Obra.

Kostas Vassileiadis. Voltou o Kostas de antaño. Combativo, con acerto e gañas. Foi o que mais puntos sumou do Obra neste encontro: 19 puntos, e ademais dou 2 asistencias.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Vistas de página en total