Deixábamos ao Obradoiro gañando por 24 puntos no final do 3º cuarto. Pero inda quedaban algunhas emocións por vivir:
Primeira posesión para o Obra...
Scrubb recibe unha falta cando lanzaba. Anota 1 tiro libre.
25 puntos arriba Obradoiro.
Hobbs coloca este tapón a Novak...
Pero a xogada continua: o propio Novak recolle a pelota, vaise á canastra, e recibe unha falta cando lanzaba.
Converte os 2 tiros libres: 75 - 52.
Beliauskas falla este lanzamento triple.
Emegano logra esta canastra lateral 75 - 54.
Repítese a secuencia de novo: Tras unha tripla errada polo Obra, neste caso Scrubb, é Emegano quen anota novamente, pero esta vez dende a liña de 3 puntos: 75 - 57.
Tempo morto do Obradoiro.
Birutis anotará 1 tiro libre tras varios erros consecutivos de ambos equipos.
+19 no marcador.
Leo Meindl lanza á canastra...
No posterior rebote Álvaro Muñoz recibirá falta...
E anota os 2 tiros libres pois o Urbas xa estaba en bonus: 78 - 57.
Leo Meindl encesta rapidamente para seu equipo nesta acción: 78 - 59.
Oliver suma 2 novos puntos para o Obra dende o tiro libre: 80 - 59.
Penetración de Novak que lanza...
Falla o lanzamento, e Oliver faise co rebote.
Álvaro Muñoz non converte esta tripla.
E tampouco anota despois o Urbas a canastra.
Con esta tripla Beliauskas parecía que ia "sentenciar" o encontro. +24 mediado este cuarto. Só quedaba que o partido rematara.
Leo Meindl anota esta tripla na seguinte posesión: 83 - 62.
Álvaro Muñoz vai ao tiro libre, Anota os 2 que lanza: 85 - 62.
Tras unha perda para cada equipo chega unha nova tripla. Emegano anota esta para o Fuenlabrada: 85 - 65.
Birutis anota cerca do aro defendido polo Urbas o 87 a 65.
Cheatham encesta esta tripla para facer o 87 a 68.
Robertson lanza e falla a tripla...
E un Fuenlabrada que agora si lanzaba e anotaba triplas suma 3 puntos grazas a esta que converte Emegano: 87 a 71.
Tempo morto do Obra para cortar a racha anotadora, e poñer orden...
... Pero tras outra recuperación Emegano volta a anotar para o Fuenlabrada, que reduce a diferenza aos 14 puntos.
A canastra de Birutis queda invalidada por lanzar fora do tempo da posesión...
Urbas Fuenlabrada non acerta con este lanzamento...
E Alex Suarez remata o partido ao anotar esta tripla: 90 - 73.
Bagayoko anota 2 tiros libres: 90 - 75.
Falla unha tripla Beliauskas, e anota esta para o Urbas Cheatham:90 - 78.
A falta de 31 segundos Robertson anota 1 dos 2 tiros libres: 91 - 78.
Emegano fai esta tripla para colocar o marcador en 91 a 81.
Hobbs anota 2 tiros libres: 93 - 81.
E o derradeiro lanzamento do encontro que vemos e este para o Urbas que non acaba en canastra.
Chega a 2ª vitoría do Obra...
Saudos cordiais entre os integrantes de ambos equipos.
E os xogadores do Obra celebraban o triunfo dende a cancha, á vez que devolvían os aplausos aos presentes.