Posesión para Obradoiro, que poñia a pelota en xogo.
Conexión lituana entre os Laurynas: Beliauskas para Birutis...
E o pivote do Obra lanza un tiro a 3 metros...
O tiro non entra, pero Birutis persigue de novo o coiro...
Rebotea e esta vez si anota.
Voltan os 10 puntos de diferenza ao marcador.
Continuaban os ataques desaproveitados por parte do Urbas. Outro erro no lanzamento e o marcador segue sen moverse no seu casilleiro.
Obradoiro tiña outra marcha posta no encontro. Ben na defensa e os ataques mais elaborados e resolutivos. Beliauskas anota esta tripla e pon o 27 a 14.
Outra perda para o equipo madrileño.
Beliauskas saca unha falta cando se dispoñia a lanzar...
Converte ambos tiros libres: 29 - 14.
Obi Emegano anota para seu equipo: 29 - 16.
Álvaro Muñoz anota esta bandexa.
A diferenza no marcador en 15 puntos para o Obra.
Birutis a Emegano: "Por este lado non..."
E polo outro tampouco... Dobre tapón en poucos segundos.
Novak recibe falta...
Suma 2 puntos: 31 - 18.
Tras sendos fallos de lanzamentos triplas de Armand para o Urbas, e Beliauskas para o Obra...
Álvaro Muñoz anota este tiro de 3 puntos que pon unha nova máxima diferenza no marcador: 34 - 18.
Novak acerta con este lanzamento, e anota 2 puntos.
Nova canastra de Birutis na pintura...
Así estaba o marcador tras estas últimas canastras.
Dunha tripla fallada polo Urbas pasamos a unha situación de contrataque levada por Hobss...
... Quen anota sen oposición: 38 - 20.
O partido era un "quero en non podo" para o Fuenlabrada, que non encontraba puntos en ataque. Agora erran unha nova tripla...
Mentras que na outra zona o Obra xogaba ao que quería. Birutis desta vez decide quitar o balón afora...
... E Robertson fai estallar a Sar coa triple que anota.
Tempo morto a falta de 4 minutos para o descanso. O Obra gañaba por 21 puntos de diferenza.
Non entra nen esta tripla que lanza Hobbs...
... Nin esta que lanza pouco despois Cheatham.
O Urbas consegue rebotear en ataque, e agora é Alex López o que se levanta para lanzar, caendolle enriba Okouo.
Consegue encestar a canastra...
E tamén o tiro libre adicional: 41 - 23.
Scrubb deixa detalles da sua calidade nesta acción na que encesta a 1 man: 43 - 23.
2 novos tiros libres para o Urbas poñen o 43 a 25 no marcador.
Kassius lanza esta tripla...
Birutis faise ca pelota, e saca un pase a Alex Súarez.
Este non o dubida e lanza este tiro lateral, que non entra.
Leo Meindl encesta para o seu equipo: 43 - 27.
Tripla dende a esquina de Scrubb para o 46 a 27.
Seguimos con triplas: Meindl anota para Fuenlabrada, e Robertson para o Obra: 49 a 30.
Alex Suáre rompe pola zona buscando a canastra...
Acaba facendo este lanzamento...
Seu tiro pega no aro, pero non entra...
Birutis rebotea e lanza...
... Pero tampouco converte o lanzamento.
Pero o Obra ten unha nova oportunidade para encestar. Rebote largo que lle chega a Hobbs que lanza e esta vez si encesta: 51 a 30.
Meindl suma 1 puntos dende a persoal: 51 - 31.
Tempo morto de Moncho para preparar a derradeira posesión deste cuarto...
Aclarado para Kassius que penetra...
Non consegue anotar e o balón queda para o Urbas...
Eyenga lanza un tiro á desesperada dende o seu campo.
O lanzamento final non entrou e marchamos ao descanso co Obra gañando por 20 puntos de diferenza*.
*(No descanso os árbitros revisaron no Instant Replay un lanzamento de 3 puntos do Obra, e finalmente foi de 2 por pisar Beliauskas a liña cando lanzou a canastra).
No hay comentarios:
Publicar un comentario