Translate

lunes, 18 de octubre de 2021

E TONECHO XA TEN O SEU 14 COLGADO DO MAIS ALTO DO SAR.

 Acto mais que merecido o que se celebrou nos prolegómenos do partido deste pasado sábado. O Obradoiro retiraba o dorsal nº 14 coma homenaxe ó inigualable TONECHO LORENZO. 


Empezou o acto coa entrega dun cadro coa imaxe de Tonecho xogando no vello Sar.


Un Tonecho que recibía o apluso enorme do seu público.



Todo o Murcia se uniu á homenaxe: o plantel enteiro saudou a Ton.


Moncho e Álvaro Muñoz, adestrador e capitán, achegaronse a felicitalo.






Tocaba vestir a camisola do equipo...




Para a continuación sair na roda de presentación dos xogadores.




"Un, dous, tres..."

"OBRA".

O 14 É NÚMERO DE LENDA EN SAR.

E a alma dos veteranos, de todo o Obra.

jueves, 7 de octubre de 2021

MONBUS OBRADOIRO 93 - URBAS FUENLABRADA 81 (ULTIMO CUARTO)

 Deixábamos ao Obradoiro gañando por 24 puntos no final do 3º cuarto. Pero inda quedaban algunhas emocións por vivir:

Primeira posesión para o Obra...

Scrubb recibe unha falta cando lanzaba. Anota 1 tiro libre.

25 puntos arriba Obradoiro.

Hobbs coloca este tapón a Novak...


Pero a xogada continua: o propio Novak recolle a pelota, vaise á canastra, e recibe unha falta cando lanzaba.

Converte os 2 tiros libres: 75 - 52.

Beliauskas falla este lanzamento triple.


Emegano logra esta canastra lateral 75 - 54.



Repítese a secuencia de novo: Tras unha tripla errada polo Obra, neste caso Scrubb, é Emegano quen anota novamente, pero esta vez dende a liña de 3 puntos: 75 - 57.

Tempo morto do Obradoiro.


Birutis anotará 1 tiro libre tras varios erros consecutivos de ambos equipos.


+19 no marcador.

Leo Meindl lanza á canastra... 

No posterior rebote Álvaro Muñoz recibirá falta...

E anota os 2 tiros libres pois o Urbas xa estaba en bonus: 78 - 57.



Leo Meindl encesta rapidamente para seu equipo nesta acción: 

78 - 59.

Oliver suma 2 novos puntos para o Obra dende o tiro libre: 80 - 59.

Penetración de Novak que lanza... 

Falla o lanzamento, e Oliver faise co rebote.

Álvaro Muñoz non converte esta tripla.

E tampouco anota despois o Urbas a canastra.



Con esta tripla Beliauskas parecía que ia "sentenciar" o encontro. 

+24  mediado este cuarto. Só quedaba que o partido rematara.


Leo Meindl anota esta tripla na seguinte posesión: 83 - 62.

Álvaro Muñoz vai ao tiro libre, Anota os 2 que lanza: 85 - 62.


Tras unha perda para cada equipo chega unha nova tripla. Emegano anota esta para o Fuenlabrada: 85 - 65.


Birutis anota cerca do aro defendido polo Urbas o 87 a 65.



Cheatham encesta esta tripla para facer o 87 a 68.

Robertson lanza e falla a tripla...


E un Fuenlabrada que agora si lanzaba e anotaba triplas suma 3 puntos grazas a esta que converte Emegano: 87 a 71.

Tempo morto do Obra para cortar a racha anotadora, e poñer orden...



... Pero tras outra recuperación Emegano volta a anotar para o Fuenlabrada, que reduce a diferenza aos 14 puntos. 


A canastra de Birutis queda invalidada por lanzar fora do tempo da posesión...


Urbas Fuenlabrada non acerta con este lanzamento...



E Alex Suarez remata o partido ao anotar esta tripla: 90 - 73.

Bagayoko anota 2 tiros libres: 90 - 75.


Falla unha tripla Beliauskas, e anota esta para o Urbas Cheatham:

90 - 78.

A falta de 31 segundos Robertson anota 1 dos 2 tiros libres: 91 - 78.


Emegano fai esta tripla para colocar o marcador en 91 a 81.

Hobbs anota 2 tiros libres: 93 - 81.

E o derradeiro lanzamento do encontro que vemos e este para o Urbas que non acaba en canastra.

Chega a 2ª vitoría do Obra...




Saudos cordiais entre os integrantes de ambos equipos.




E os xogadores do Obra celebraban o triunfo dende a cancha, á vez que devolvían os aplausos aos presentes.

Vistas de página en total