¡ Que mellor animación que música galega para o descanso dun derbi galego !
Epi repasaba o plan do partido para esta segunda metade.


O cosncurso Iberitos antes de recomezar o partido.
Comezaba a 2ª parte...
E para comezar que mellor que un clásico como este P&R entre Anderson e Leo, que termina co mate do primeiro. Obradoiro ponse 9 arriba.
Jorgersen anota esta tripla: 54 - 48. Leo marca a xogada, e Barrueta anota baixo o aro: 56 - 48.
Nova tripla para Basquet Coruña: 56 - 51.
Barcello fai o 58 a 51.
Canastón de Jorgensen, quen encesta ademais de sacarlle a falta a Andersson. Anota o adicional: 58 - 54.
Leo regala a Sar un chute de adrenalina ao anotar esta tripla: 61 - 54.
Tras recuperar en defensa, o Obra anota fácil da man de Andersson.
A Carles Marco non lle gusta o xogo do seu equipo. Obradoiro volta a irse de 9 puntos.
Guillem Coll lanza...
...Non anota, e Andersson pecha ben o rebote.
Contra do Obra. Barcello fai un tiro forzado que non encesta.
Tiro do Leyma baixo o aro defendido polo Obra...
...Non encesta, pero Thiam faise co rebote...
... Levanta o balón, e recibe un tapón de Felioe. Os árbitros pitan falta, nunha decisión moi portestada en Sar. O xogador do Leyma anota ambos tiros libres: 63 - 56. |
| Andersson encara o aro... |
... Machacandoo sen piedade: 65 - 56. Barro anota a continuación: 65 - 58.
A tripla do Obra non entra... O Leyma achegase a base de anotar 4 tiros libres consecutivos.
Felipe anota no poste...
Recupera o Obra enseguida, e Barcello non o dubida, lanza a tripla...
¡¡¡ Tripla !!! O Obra segui por diante no marcador mediado o cuarto.
Canasta para Diop: 68 - 64.
Dos Anjos non logra anotar nesta acción... E o Leyma achégase a 1 punto ao anotar esta tripla: 68 - 67.
Micah lanza e falla...
Tampouco anota Cuevas esta tripla. Barcello anota de 3 para facer o 71 a 67.
Non consegue a canasta o xogador do Leyma...
... E esta vez tampouco anota Barcello. Os seguintes puntos son 2 tiros libres anotador por Barro: 71 - 69.
Speight tampouco ten sorte na tripla... E thiam empata o partido con este mate poderoso.
Todo por decidir.
Galán lanza e falla esta tripla.
Intercepción de Speight, que se fai co balón...
... Corre ao aro do Leyma, pero Cuevas parao en falta.O base do Obra anota os 2 tiros libres: 73 - 71.
Empate a 73 trala canastra de Joseph Cremo.
Sergi penetra e lanza..
O balón non entra...Falta de Thiam sobre Galán
As protestas de Carles Marco costanlle 1 técnica.
Micah Speight anota o tiro libre da falta técnica: 74 - 73.
E Galán converte os 2 tiros libres: 76 - 73.
Pacheco erra a tripla que podía darlle o empate no último suspiro do cuarto.
E remata este período co Obra 3 arriba.
No hay comentarios:
Publicar un comentario