Translate

jueves, 30 de enero de 2020

MONBUS OBRADOIRO - VALENCIA BASKET (III CUARTO)

Posesión para o Obradoiro.


 Esta vez falla a conexión Pozas - Kravic.


San Emeterio lanza esta tripla...



O rebote será para o VB, e Van Rossom anota esta tripla.


 O Valencia ponse de novo por diante no marcador.




Pozas, Magee e Dubljevic non anotan as triplas que lanzan.



Canastra a 1 man de Kravic: 46 - 45.

 Van Rossom lanza esta tripla...


... Non anota, pero o rebote e para San Emeterio.



Dublo anota no poste: 46 - 47.


 Canastra baixo o aro de Czerapovic.


Alternancia no marcador.



Mate de Labeyrie para poñer o 48 - 49.



Tripla anotada por Brodziansky no seguinte ataque: 51 - 49.



 Brodziansky coloca este tapón a Labeyrie.


 A continuación o propio Brodziansky volve a ser protagonista. Lanza a triplas, e Dubljevic caeralle encima...

Anota os 3 tiros libres para facer o 54 a 49.





 Asistencia para o mate de Labeyrie...

O marcador mediado este cuarto.

 Lanzamento frontal dende o 6.75 de Magee...

 ... Non hai canastra, pero o balón será para o Obra...

... Kravic busca anotar dende a pintuta, recibindo unha falta.

Kravic anota os 2 tiros libres: 56 - 51.


San Emeterio fai o 56 - 53.

Kravic lanza a unha man...


Pero non anota, e o rebote para o VB.


Dubljevic anota dentro da pintura: 56 - 55.


Magee fai un lanzamento a 6 metros ó límite da posesión, anotandoo.

Obradoiro 3 arriba.



Dubljevic estaba en modo "imparable". Nova canastra sua na zona do Obra: 58 - 57.


Kravic penetra co balón polo centro da zona. Recibe falta cando ia lanzar...

Erra ambos tiros libres, polo que o marcador non se move.


Labeyrie parece que vai anotar fácil...


... Pero atópase coa man de Kravic, que tapona para impedir a canastra.


O balón seguirá en poder do Valencia, e San Emeterio anota esta tripla: 58 - 60.


Roubo do Valencia, e Vives recibe unha falta cando buscaba anotar...

... Anota os 2 tiros libres: 58 - 62.

Outra perda do Obra significa unha nova posesión do Valencia Basket.


Vives anota esta tripla á falta de 1 minuto para o final do cuarto. Valencia escapaba no marcador: 58 - 65.


Magee devolve a tripla, anotando esta: 61 - 65.


Pero Labeyrie tamén se suma ó acerto lanzando triplas. Fai esta, e o marcador vaise ó 61 - 68.

Tempo morto de Moncho para preparar o último ataque deste cuarto.

Magee acaba lanzando esta tripla...

... Non consigue encestar.

E o tiro lonxano do Valencia non entra...

Polo que o cuarto remata con este marcador.

2 comentarios:

  1. Grandes. O B R A---TODOS XUNTOS, OBRA!!!

    ResponderEliminar
  2. E tanto que son grandes... E o último cuarto do encontro, que poñemos mañá ufff !!!

    ResponderEliminar

Vistas de página en total