Translate

lunes, 27 de enero de 2020

OBRADOIRO FAI UN ENCONTRO PERFECTO PARA LEVARSE A VITORIA ANTE O VALENCIA (86 - 83)

Esta é a estatística do encontro:


E esta a crónica do mesmo:

CRONICA
 
¡¡¡ Moncho, que barbaridade de partido vos fixéchedes... !!!

Vitoria "marca da casa". Sufrindo e apretando, da mán dunha afección entregada que non deixou de animar e apupar. Houbo que remontar no último cuarto 9 puntos de desventaxa. Fíxose e conseguiuse a 8ª da temporada.
O rival nada menos que o Valencia de Euroliga, que está nun momento de forma moi bo, pero que contaba con baixas para este encontro.
E coma "apunte táctico" xogar con 3 grandes á vez. O famoso triple poste, con xogadores que poden abrirse para tirar de fora, pero que tamén poden facer dano ao poste.
A rotacion do Obra foi de 8 xogadores, mais as aparicións breves de Aleix Fon y Kostas durante uns minutos do partido.

Pepiño Pozas. 8 puntos, 2 rebotes, 4 asistencias, 2 recuperacións.
Domiñou o encontro en moitas fases do mesmo.
¡¡¡ Grande Pepiño !!!


Magee logrou 8 puntos e 4 asistencias.


Czerapovic. Gran partido nos 2 lados da pista.15 puntos, 3 rebotes, 4 asistencias, 2 tapóns... Valorou 21 sendo o mellor do Obra.


Outro dos destacados foi Maxime De Zeeuw. 10 puntos (2 triplas), e 4 rebotes. E os intanxibles en defensa que non se cuantifican nas estatísticas...


Kravic. 14 puntos, 6 rebotes, 1 asistencia. Bo encontro o seu, mantendo un enfrontamento particular ante Dubljevic.


David Navarro. Xogou 12 minutos de base, dando descanso a Pepiño. Anotou 2 puntos e repartiu 4 asistencias ós compañeiros.


Kostas xogou parte do 2º cuarto. Errou os 2 lanzamentos dende o 6.75 que intentou. Colleu un rebote e dou 2 asistencias.


Brodzianski. Anotou 13 ountos e colleu 4 rebotes. Clave no triple poste que xogou o Obra durante moitos minutos.


Daum. 16 puntos, 4 rebotes, 1 asistencia, 2 recuperacións.
Moi bo partido o seu.



 Aleix Font xogou menos dun minuto. E Javi Cal e Nick Spires non tiveron minutos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Vistas de página en total