Translate

martes, 25 de mayo de 2021

MONBUS OBRADOIRO - UCAM MURCIA (A PRORROGA)

Tíñamos 5 minutos extra en Sar. Logo de 14 meses sen basquet, coma que non importou...

A primeira posesión foi para o UCAM.

 Recibe Radovic dentro da pintura defendida polo Obra...

... Anotando a aro pasado, nunha xogada "marca da casa".

Desfaise o empate.

Na seguinte xogada o propio Radovic cometerá falta sobre Robertson...

O americano do Obra esta vez si anota os 2 tiros libres: Empate a 74.

Falta de Czerapovic sobre Radovic, cando intentaba evitar a xogada no poste...

Radovic tampouco lle treme a man: anota os 2 tiros libres para facer o 74 a 76.

Radovic estaba sendo o protagonista abosoluto neste momento. Agora faise co rebote tras un fallo de Birutis, que contempla impotente coma a pelota non entra tralo lanzamento fallado a 1 man. 

Frankamp non anota esta tripla para os murcianos.

Novo lanzamento forzado de Robertson...


... E tampouco anota.



¿ Quen suma unha nova canastra noutra acción de moita calidade ? Quen ia ser... Radovic.

Mediado o cuarto e Murcia estaba 4 arriba.

Mike Daum anota 2 tiros libres na seguinte acción: 76 - 78.


Recuperación defensiva de Robertdon ante a desesperación de Sito Alonso.

Na posterior xogad Ozmizrak erra esta tripla.

Sadiel Rojas suma 2 tiros libres para os seus: 76 - 80.


Ozmizrak lanza e falla este tiro.


Esta vez non anota Radovic.


Birutis non anota este lanzamento... Pero pelexa o rebote...



... E no segundo esforzo si converte a canastra.

O marcador dentro xa do derradeiro minuto desta prorroga.


Radovic dispuxo dun lanzamento cómodo a 4 metros...

... Pero o balón non entra, e Birutis faise co rebote.

Falta de Radovic sobre Birutis a falta de 22 segundos. 

Birutis anota ambos tiros libres: Empate a 80.

Murcia aposta por consumir o tempo, e o Obra por non facer falta rápida e si defender. E chega o tiro de Frankamp, ó que reacciona ben Robertson, punteandoo...

...Pero a pelota entra e desfai o empate: 80 - 83.



Tras un tempo morto Robertson intenta empatar lanzando esta tripla. Pero non consegue encestar. Non hai 2ª prorroga en Sar.

Remata o encontro con este marcador.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Vistas de página en total