Translate

domingo, 23 de mayo de 2021

MONBUS OBRADOIRO - UCAM MURCIA (III CUARTO)

O equipo regresaba dos vestiarios para reanudar o encontro...

Primeira posesión para o Obra.

Enoch recibe a falta de Sadiel Rojas.

  Enoch anota 1 dos 2 tiros libres.

Obradoiro colocábase 8 puntos arriba.


Webb, non consegue anotar para o UCAM.

Tiro que non converte Robertson.


Radovic si logra esta canastra para os seus: 42 - 36.

Steve Enoch falla este gancho un pouco afastado do aro.

Frankamp lanza coa sua man esquerda...
 
Non encesta, e o rebote para o Obra.


No seguinte ataque Czerapovic (¡ Qué últimos 3 meses tan bos fixeches !) anota esta tripla: 45 - 36.


Webb e Daum non anotan sendos lanzamentos triples.


Frankamp na seguinte acción si anota ó superar a defensa de Ozmizrak.

O mascador logo desa canastra.


Enoch trata de superar a Radovic para encestar. Nono logra, pero os árbitros sinalan a falta do xogador do UCAM.

Enoch converte os 2 tiros libres: 47 - 38.


Frankamp supera o intento de tapón de Enoch, e anota: 47 - 40.

De novo protagonista Enoch, quen esta vez non saca nada produtivo.


Radovic converte esta tripla: 47 - 43.

Ozmizrak lanza esta tripla...

O balón da no aro e sae rebotado...


E será finalmente Enoch quen enceste para o Obra: 49 - 43.

Webb anota 2 tiros libres: 49 - 45.

E Daum tamén suma 2 puntos dende a persoal.

Pasado o ecuador do cuarto o Obra seguía mandando no marcador.

Rojas non converte este lanzamento...

Na seguinte acción Enoch recibe a falta...

... E anota 1 dos 2 tiros libres: 52 - 45.


Enoch seguía sendo o que acaparaba os "focos". En defensa coloca este tapón... 
 
Posteriormente recibiría unha nova falta. Anota os 2 tiros libres:
54 - 45.


Tripla para o UCAM... 

A diferenza a 6 puntos de novo.

Birutis lanza. Non anota, pero saca unha falta do seu par.

Converte os 2 tiros libres: 56 - 48.

Tomás Bellas nota esta tripla: 56 - 51.

E o Obra perde a seguinte posesión.


Tripla que lanza Kostas. Non entra pero os árbitros dan falta de 3 tiros ó grego.

Converte os 3 lanzamentos.

E Murcia sitúase a tan só 2 puntos no marcador.

Birutis lanza este gancho...

...Pero non o converte.


Segundos despois UCAM empata o encontro a 56.



Outra perda local supón a contra do UCAM. Bellas nota para seu equipo o 56 a 58.


A falta de 40 segundos deste cuarto Birutis recibe persoal. Anota 1 dos 2 tiros libres: 57 - 58.



Malmanis anota esta canastra: 57 - 60.

Faltando 7 segundos Oliver vai á liña da persoal, Anota 1 dos 2 tiros libres: 58 - 60.

O tiro final do UCAM sobre a bocina non entra...

E chegábamos ó final deste cuarto co Murcia gañando por 2 puntos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Vistas de página en total