Translate

domingo, 29 de octubre de 2023

AS 25 FOTOS DO OBRA - ZARAGOZA (VICTORIA DO OBRA POR 80 A 72)

Imos coas 25 fotos da vitoria do Obra nun mércores vísperas de festivo. Esta vez houbo un 3º cuarto glorioso que servíu para compensar un mal 2º cuarto. Inda así houbo apuros ao final, pero a vitoria quedou na casa.

Novo xogador no Obra: Roko Badzim chegou para cubrir a baixa por lesión de Rigoberto Mendoza.

Nada mais sair á pista no 2º cuarto, recibe, penetra, saca unha falta e anota este lanzamento, mais o tiro libre adicional. Chegar e encher.

Quen non estivo nada atinado foi Jordan Howar. Tan só 4 dos 15 lanzamentos de campo (1 de 8 triplas), para facer 13 puntos. Aportou ademais 4 asistencias e 2 rebotes.

 Washintong sumou 9 puntos, 5 rebotes e 1 asistencia.

Ahi está o que parece que "non está". Scrubb: 8 puntos, 3 rebotes e 8 asistencias. Determinante.

Fer "correcaminos" Zurbbriggen tivo unha actuación destacada: 14 puntos, 2 asistencias e 1 rebote, e 3 recuperacións de balón que supuxeron outros tanbtos contrataques. Todo elo en menos de 15 minutos xogados.

Pol Figueras xogou moi pouco, nin 2 minutos na pista.

Álvaro Muñoz anotou 1 tripla, este lanzamento; e colleu 2 rebotes.

Tinkle fixo 9 puntos e colleu 5 rebotes.

Alex Suárez non foi quen de anotar ningún dos 6 lanzamentos a canastra. Capturou 6 rechaces baixo os aros.

Rubén Guerrero anotou 2 puntos e colleu 3 rebotes nos 5 minutos que xogou.

Blazevic tampouco se viu moito: en 13 minutos fixo 3 puntos e colleu 4 rebotes.

Por último o Pustovyi que vimos esta semana en Sar non foi o de 7 días atrás: 16 puntos, 7 rebotes, 1 tapón colocado... Empeza a ser a versión que todos queremos ver na pista.

Outro "ex" que nos visitaba no equipo contrario. Un Santi Yusta que está facendo un gran inicio de tempada recibe o cariño de Moncho.

Mentras Moncho saudaba antes do encontro a Porfi Fisac...

 Victor "pasaba por alí"...  

Pola pista pasaron os nenos do concurso de encestar vestindo a roupa dos xogadores "xigantes".

Tamén os participantes no concurso de parellas que teñen que anotar  unidos polo saco.

Leccións a pe de pista ao regreso do descanso.

Que fácil o fixo Artem.

"O fotógrafo o tedes alí, así que mirade para él"...

¿Falta, que falta?

Ti para o fondo sur, eu para o fondo norte.


Traballo ben feito.

Felicidade.

domingo, 8 de octubre de 2023

AS 25 FOTOS DO OBRA - BILBAO (DERROTA DO OBRA POR 77 A 78)

 Este pasado mércores o Obra xogou o seu 2º partido da liga ACB, tamén en Sar, logo de xogar a fase clasificatoria da BCL.

Saúdo entre Moncho e Rabaseda.

Pouco ambiente en Sar, pola hora tardía un día de semán.

¡¡¡ Animando sempre ao Obra !!!

No Bilbao un vello coñecido: Hlinason, que, cos seus 14 puntos e 7 rebotes foi o máximo anotador do seu equipo. 

Washington, autor de 13 puntos, deixou detalles de calidade no partido.

O duelo entre Howard e Smith tivo un claro gañador: o escolta obradoirista, con 24 puntos fronte os 13 do xogador do equipo vasco. Magoa que non bastara para levarse o encontro.  

Dia dos de pouco lucimento individual para Srubb. Traballo "gris", con 8 puntos e 8 rebotes en 30 minutos xogados.

Outro que non tivo seu día foi Tinkle. Tan só  2 puntos e 3 rebotes en 20 minutos xogados. Pode e debe dar mais rendemento.

Moncho sorprendía poñendo a Rubén Guerrero de 5 titular. 3 puntos e 7 rebotes en 15 minutos que xogou.


Pol Figueras xogou 11 minutos, facendo 2 puntos, collendo 2 rebotes e repartindo 1 asistencia.

Fernando Zurbriggen estivo 7 minutos na pista, e alternou os postos de 1 e 2, pola baixa do escolta dominicano Mendoza. 

Álvaro Muñoz sumou 4 puntos e 1 rebote nos 11 minutos disputados.

Alex Suárez anotou 1 tripla, e colleu 7 rebotes en 14 minutos.

Blazevic tan só xogou 9 minutos, a maior parte xogando de 4. 5 puntos, 2 asistencias e 3 rebotes foron seus números principais nese tempo de xogo.

Pustovyi, ao contrario do que poidera parecer na foto, non se fixo o "amo das zonas". Mal colocado en defensa e fallón en ataque. Sumou 13 puntos, e colleu 7 rebotes. pero pode dar mais, ese plus que faga que o equipo gañe partidos coma este.

O que temos que mellorar e a nosa defensa. Moitas penetracións dos bilbaínos que foron canastras fáciles. E iso nesta liga se paga...

Coma tamén se pagou ser tan inocentes, e tan blandos no rebote nos últimos 2 minutos. Pasamos dun 77 a 73, ao 77 a 78 final, sen ser capaces de facer xogadas claras para bos lanzamentos, e regalando varios rebotes na nosa canastra, que ao final foron decisivos.
Bilbao encontrouse cun regalo en forma de victoria.
 
Momentos de tensión durante o encontro. Victor acabou no chan, tralo empurrón do xogador do Bilbao Basket.

Nos entretempos e tempos mortos tivemos concursos, coma o xa clásico de vestir a rapaces pequenos con rouà de talla de pivot ACB, e a ver que mete antes a canastra...

... E tamén un novo concurso onde gaña a parella que, amarrados desa maneira, logra atravesar a cancha e anotar antes que a outra.


Inda que para canastra dificil a tripla que se marcou Jordan Howard xusto antes do descanso...

Sen dúbida o que mais rebotes pillou no Obra foi Moncho. Moitos pequenos detalles a corrixir e mellorar.
 
... En vos confiamos. En mellores mans non podemos estar.

¡¡¡ Ánimo equipo !!!

PD: Tes que vir mais a visitarnos Sara...

Vistas de página en total