Este pasado mércores o Obra xogou o seu 2º partido da liga ACB, tamén en Sar, logo de xogar a fase clasificatoria da BCL.
Saúdo entre Moncho e Rabaseda.
Pouco ambiente en Sar, pola hora tardía un día de semán.
¡¡¡ Animando sempre ao Obra !!!
No Bilbao un vello coñecido: Hlinason, que, cos seus 14 puntos e 7 rebotes foi o máximo anotador do seu equipo.
Washington, autor de 13 puntos, deixou detalles de calidade no partido.
O duelo entre Howard e Smith tivo un claro gañador: o escolta obradoirista, con 24 puntos fronte os 13 do xogador do equipo vasco. Magoa que non bastara para levarse o encontro.
Dia dos de pouco lucimento individual para Srubb. Traballo "gris", con 8 puntos e 8 rebotes en 30 minutos xogados.
Outro que non tivo seu día foi Tinkle. Tan só 2 puntos e 3 rebotes en 20 minutos xogados. Pode e debe dar mais rendemento.
Moncho sorprendía poñendo a Rubén Guerrero de 5 titular. 3 puntos e 7 rebotes en 15 minutos que xogou. Pol Figueras xogou 11 minutos, facendo 2 puntos, collendo 2 rebotes e repartindo 1 asistencia.
Fernando Zurbriggen estivo 7 minutos na pista, e alternou os postos de 1 e 2, pola baixa do escolta dominicano Mendoza.
Álvaro Muñoz sumou 4 puntos e 1 rebote nos 11 minutos disputados.
Alex Suárez anotou 1 tripla, e colleu 7 rebotes en 14 minutos.
Blazevic tan só xogou 9 minutos, a maior parte xogando de 4. 5 puntos, 2 asistencias e 3 rebotes foron seus números principais nese tempo de xogo.
Pustovyi, ao contrario do que poidera parecer na foto, non se fixo o "amo das zonas". Mal colocado en defensa e fallón en ataque. Sumou 13 puntos, e colleu 7 rebotes. pero pode dar mais, ese plus que faga que o equipo gañe partidos coma este.
O que temos que mellorar e a nosa defensa. Moitas penetracións dos bilbaínos que foron canastras fáciles. E iso nesta liga se paga...
Coma tamén se pagou ser tan inocentes, e tan blandos no rebote nos últimos 2 minutos. Pasamos dun 77 a 73, ao 77 a 78 final, sen ser capaces de facer xogadas claras para bos lanzamentos, e regalando varios rebotes na nosa canastra, que ao final foron decisivos.
Bilbao encontrouse cun regalo en forma de victoria.
Momentos de tensión durante o encontro. Victor acabou no chan, tralo empurrón do xogador do Bilbao Basket.
Nos entretempos e tempos mortos tivemos concursos, coma o xa clásico de vestir a rapaces pequenos con rouà de talla de pivot ACB, e a ver que mete antes a canastra...
... E tamén un novo concurso onde gaña a parella que, amarrados desa maneira, logra atravesar a cancha e anotar antes que a outra.
Inda que para canastra dificil a tripla que se marcou Jordan Howard xusto antes do descanso...
Sen dúbida o que mais rebotes pillou no Obra foi Moncho. Moitos pequenos detalles a corrixir e mellorar.
... En vos confiamos. En mellores mans non podemos estar.
PD: Tes que vir mais a visitarnos Sara...
No hay comentarios:
Publicar un comentario