Translate

domingo, 29 de octubre de 2023

AS 25 FOTOS DO OBRA - ZARAGOZA (VICTORIA DO OBRA POR 80 A 72)

Imos coas 25 fotos da vitoria do Obra nun mércores vísperas de festivo. Esta vez houbo un 3º cuarto glorioso que servíu para compensar un mal 2º cuarto. Inda así houbo apuros ao final, pero a vitoria quedou na casa.

Novo xogador no Obra: Roko Badzim chegou para cubrir a baixa por lesión de Rigoberto Mendoza.

Nada mais sair á pista no 2º cuarto, recibe, penetra, saca unha falta e anota este lanzamento, mais o tiro libre adicional. Chegar e encher.

Quen non estivo nada atinado foi Jordan Howar. Tan só 4 dos 15 lanzamentos de campo (1 de 8 triplas), para facer 13 puntos. Aportou ademais 4 asistencias e 2 rebotes.

 Washintong sumou 9 puntos, 5 rebotes e 1 asistencia.

Ahi está o que parece que "non está". Scrubb: 8 puntos, 3 rebotes e 8 asistencias. Determinante.

Fer "correcaminos" Zurbbriggen tivo unha actuación destacada: 14 puntos, 2 asistencias e 1 rebote, e 3 recuperacións de balón que supuxeron outros tanbtos contrataques. Todo elo en menos de 15 minutos xogados.

Pol Figueras xogou moi pouco, nin 2 minutos na pista.

Álvaro Muñoz anotou 1 tripla, este lanzamento; e colleu 2 rebotes.

Tinkle fixo 9 puntos e colleu 5 rebotes.

Alex Suárez non foi quen de anotar ningún dos 6 lanzamentos a canastra. Capturou 6 rechaces baixo os aros.

Rubén Guerrero anotou 2 puntos e colleu 3 rebotes nos 5 minutos que xogou.

Blazevic tampouco se viu moito: en 13 minutos fixo 3 puntos e colleu 4 rebotes.

Por último o Pustovyi que vimos esta semana en Sar non foi o de 7 días atrás: 16 puntos, 7 rebotes, 1 tapón colocado... Empeza a ser a versión que todos queremos ver na pista.

Outro "ex" que nos visitaba no equipo contrario. Un Santi Yusta que está facendo un gran inicio de tempada recibe o cariño de Moncho.

Mentras Moncho saudaba antes do encontro a Porfi Fisac...

 Victor "pasaba por alí"...  

Pola pista pasaron os nenos do concurso de encestar vestindo a roupa dos xogadores "xigantes".

Tamén os participantes no concurso de parellas que teñen que anotar  unidos polo saco.

Leccións a pe de pista ao regreso do descanso.

Que fácil o fixo Artem.

"O fotógrafo o tedes alí, así que mirade para él"...

¿Falta, que falta?

Ti para o fondo sur, eu para o fondo norte.


Traballo ben feito.

Felicidade.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Vistas de página en total