Translate

domingo, 24 de septiembre de 2023

AS 25 FOTOS DO OBRA - PALENCIA (TRIUNFO DO OBRA POR 84 a 64)

RETOMAMOS A IDEA DE SUBIR FOTOS DOS PARTIDOS DO OBRA AO BLOG PERO CUNHA IDEA DE SER "ABREVIADOS". SUBIREMOS 25 FOTOS A MODO DE RESUMO DESTACANDO BREVEMENTE O MAIS IMPORTANTE OCURRIDO DURANTE O MESMO.



O primeiro e dar a benvida a sar ao noso rival: o Zunder Palencia recén ascendido á ACB por 1ª vez na súa Hª. Para eles este partido foi histórico, e para nós non se nos debe esquecer aquel ano 2009 - 10, coa caida a LEB e posterior ascenso en Burgos de novo á ACB.

¡¡¡ Benvidos a Santiago !!!



Polo Obra "todo cambia para que todo continue igual". E que ben: novos integrantes no equipo, coas incógnitas que cada ano presentan. 


Pero ao frente da nave os mellores para dirixila: Moncho, Victor e Gonzalo. Sobran as palabras...



Ese Miudiño máxico... Coma se botaba de menos.

Zona Norte xa non é a única Peña activa para animar no encontro...


A Peña Obrajazz súmase para contribuir a que cada partido sexa unha festa. 



Este ano contamos cun plantel de 13 xogadores. Huget foi o descartado neste encontro.




Pol Figueras e Rubén Guerrero si formaron parte da convocatoria, pero non xogaron neste encontro. 



Eric Washington foi o base titular. 12 puntos, 4 asistencias e 3 rebotes foron os seus principais datos estadísticos. Boas sensacións as que deixou un dos chamados a ser importantes no equipo nesta temporada.



O posto de 2º base onte tivo un nome: Fer Zurbriggen. Vímolo mais aposentado, sen cometer erros por precipitacións. 3 puntos e 5 asistencias para comezar unha temporada importante para él.



Unha das fichaxes sorprendentes deste verán foi a incorporación de Rigoberto Mendoza. Intensidade defensiva, bo penetrador, boa man a media e longa distancia. Tivo bos detalles no partido. Acabou con 11 puntos, 2 asistencias e 2 rebotes.



Jordan Howard foi a outra fichaxe para o posto de "escolta" que diría un sabio coma é Delpont. Rápido penetrando e non se corta en lanzar dende o 6.75. Quedémonos co seu nome, pode darnos momentos estelares.



De Thomas Scrubb nada novo podemos decir... Traballo e intensidade a raudales, e ademais acertado con 2 triplas. 

8 puntos, 2 asistencias, 3 rebotes, 4 recuperacións (unha delas a da foto nada mais empezar o encontro).



Os descansos a Scrub doullos o capi Álvaro Muñoz. Traballo na sonbre e anotou 5 puntos.



Outra das fichaxes ilusionantes é a do americano Tres Tinkle. Boa man dende o perímetro, para ser o máximo anotador do Obra con 15 puntos. Máximo reboteador tamén do equipo, con 7 rechaces capturados, 2 recuperacións e 1 asistencia.



Alex Suárez aportou 2 puntos e colleu 2 rebotes no encontro.



Blacevic fixo un bo encontro, sobre todo non cometeu perdas nen faltas persoais "evitables" coma o ano pasado. Esto fixo que se vira o bo xogador interior que desexamos ver.

Achegou 7 puntos, 5 rebotes e 1 asistencia.



 E por último, pero non menos importante. O retorno de Artem Pustovyi, para completar un xogo interior no que ten que ser determinante. 9 puntos, 1 asistencia, 2 rebotes. 



Triunfo claro e cómodo nun partido moi ben xogado polo noso Obra.

Moitos destes e a desfrutar...



En definitiva, bo grupo o que reuniu este Consello de Administración. Veremos que nos depara a tempada, pero o certo é que o equipo está en Turquia para disputar o 1º partido clasificatrio da BCL. Moita sorte. 



 










No hay comentarios:

Publicar un comentario

Vistas de página en total