Translate

jueves, 16 de septiembre de 2021

A FINAL DE CONSOLACIÓN DO TORNEO ENCESTARIAS ENTRE O OBADOIRO E O BREOGAN (I PARTE)

 Na xornada do domingo chegaba a final de consolidación do torneo encestarias. Obradoiro e Breogán enfrontábanse de novo, trala Copa Galicia... E alá nos fomos...


Antes do partido sonou o "miudiño"... ¡ E coma sonou !

Comezaba o partido.

O primeiro lanzamento do encontro foi este tiro do Breogán, que non foi canastra.

Scrubb si converte esta bandexa a unha man: 2 - 0.

Jordan Sakho non anota este gancho...

Tampouco logra anotar esta tripla Fer Zuebrigge.

Mahalbasic lanza un gancho coa dereita

... Empatando o encontro: 2 - 2.



Ellenson anota a primeira tripla para o Obra que se adinta por 3 puntos.

Esta vez si anota Sakho para o Breo: 5 - 4.


Repitense de novo as xogadas anteriores: Ellenson volta a anotar outra tripla practicamente dende o mesmo sitio: 8 - 4.



Jordan Sakho volta a anotar dentro da zona defendida polo Obra: 8 - 6 no marcador.

Beliauskas anota esta tripla: 11 - 6.

Musa lanza...


E o balón entra no cesto. O Breo achégase a 3 puntos.



Scrubb logra unha xogada de 4 puntos: anota a tripla, e ó recibir falta, encesta tamén o tiro libre adicional: 15 - 8.

Volta a aparecer Musa no ataque do Breo: Lanza...

... E anota a canastra: 15 - 10.



A diferenza subía os 8 puntos logo da tripla de Beliauskas.


Boa canastra para os lucenses de Anthoney Bell: 18 - 12.

Birutis non encesta nesta acción dentro da pintura.

Sakho erra 2 tiros libres, tras recibir unha falta, polo que o marcador segue sen moverse.

Lanzamento lateral anotado por Robertson: 20 - 12.

Sakho intenta anotar a 1 man...

...E seu lanzamento da no aro e sae rebotado. Birutis recolle o rechaze...

Alex Suarez lanza esta tripla segundos despois...

¡¡¡ E anota o lanzamento !!!

Obradoiro superaba en 11 puntos o Breogán a estas alturas do encontro.

Erik Quintela anotaba 2 tiros libres: 23 - 14.

Robertson erra esta tripla.


Musa achega ao Breogán un pouco mais: 23 - 16.


Alex Suárez e Robertson non anotan 2 lanzamentos consecutivos.

  


Erik Quintela volve a lanzar 2 tiros libres, anotando 1: 23 - 17.

Tras unha boa recuperación defensiva, Erik Quintela anota unha bandexa...  

... Para reducir a diferenza a tan so 4 puntos.

O capitán do Obra Álvaro Muñoz corta o parcial negativo anotando esta tripla para os seus: 26 - 19.


Nos últimos 2 ataques do 1º cuarto ambos equipos erran cadanseu lanzamento dende o 6.75.

Posesión para o Breo ao inicio do 2º cuarto.

Tyler Kalino lanza esta tripla...

... Pero non logra encestar.


Hobbs anota unha canastra lateral

Obradoiro vaise de 9 puntos.

Tyler Kenneth anota este lanzamento a unha man: 28 - 21.


Tripla de Álvaro Muñoz para facer o 31 a 21.

Erik Quintela erra esta tripla.

Tampouco entra este lanzamento de Kassius Robertson.


Mindaugas Kacinas anota á contra: 31 - 23.


Birutis encesta na seguinte acción: 33 - 23.

No intercambio de canastras, agora tocalle anotar ao Breo: 33 - 25.


Filipovity estreabase no encontro anotando esta tripla: 36 - 25.


Rapidamente o Breogán devolvíalle o lanzamento. Tripla para Mahalbasic: 36 - 28.

Agora non entrará o lanzamento de Filipovity.



E os de Lugo aproveitan para achegarse, ó anotar outra canastra.


A diferenza en 6 puntos.

2 Accións consecutivas do Obra en ataque danlle un novo tirón no marcador: Beliauskas primeiro, anotando nesta acción...




E pouco despois, a bandexa de Fer Zurbrigge voltan poñer a difereza en 10 puntos: 40 - 30.

Sergi Quintela lanza...


... E non anota, pechando moi ben o Obra seu rebote.



O base do Obra Fer Zurbrigge anota esta tripla para o 43 - 30.


Entramos nunha fase do encontro onde ambos equipos erran varios ataques consecutivos.

Ate que Filipovity anota 1 dos 2 lanzamentos d etiros libres que ten: 44 - 30.

Sako recibe unha falta cando se levantaba para anotar. Non encesta a canastra...


... Pero si converte os 2 tiros libres: 44 - 32.

Outra canastra de Birutis...


E o marcador a piques de chegar ao descanso.


Canastra tripla agora para o Breogán: 46 - 35.


No derradeiro minuto da primeira metade temos outra serie de erros en ambos equipos...



Ata que o Breo anota esta canastra sobre a bocina.

Tempo de descanso co Obra mandando por 9 puntos no marcador.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Vistas de página en total