Translate

miércoles, 15 de septiembre de 2021

TORNEO ENCESTARIAS: A II PARTE DO OBRADOIRO - UNICAJA

 O Obradoiro chegara ó descanso do encontro 5 puntos arriba no marcador, tras unha boa 1ª parte de ambos equipos.


Bouteille e Scrubb erran os primeiros lanzamentos para os seus respectivos equipos.

O rebote volta para o Obra e Scrubb lanza, esta vez dende a tripla...

Esta vez si converte o lanzamento.

Obradoiro colócase 8 puntos por enrriba.


Brizuela esta vez encesta para os seus: 48 - 42.


Roubo de balón de Cole, quen anota sen oposición: 48 - 44.


Tras anotar Birutis na pintura (50 - 44), Brizuela tamén encesta preto do aro do rival: 50 - 46.

Falta clara sobre Scrubb...

Quen converte os 2 tiros libres: 52 - 46.





Entramos nunha sucesión de ataques seguidos onde o único que vemos son fallos nos lanzamentos. 

Por fin Brizuela anota para os seus, recibindo ademais unha falta...

Converte o tiro libre adicional...

O Unicaja reduce a diferenza a 3 puntos.



Mais lanzamentos fallados polos xogadores de ambos equipos...


Ate que Eric logra anotar para os seus: 52 - 51.

Fernando Zurbrigge asiste... 

E Birutis lanza e anota esta canastra.

O marcador tras esta ultima acción.


Anota Cole para Unicaja o 54 a 53, e pouco despois Fernando Zurbrigge saca esta falta...

Anotando 1 dos 2 tiros libres que lanza: 55 - 53.


Jaime Fernandez e logo Fer Zurbrigge fallan sendos lanzamentos forzados.

Abromaitis empata dende a liña da persoal. Converte os 2 lanzamentos epon a igualdade a 55 no marcador.

Obradoiro erra esta tripla.


Jaime Fernández anota este lanzamento a canasta lateral: 55 a 57.

Scrubb empata a 57 ao anotar 2 tiros libres.


Tripla convertida por Francis Alonso: 57 a 60.



Boa canastra nunha acción individual de Kassius Robertson.

O marcador a piques de entrar no último minuto do cuarto.


O partido seguía... Agora Jaime Fernández anotaba outra tripla para o seu equipo: 59 - 63. 




E a continuación Robertson anotaba estoutra tripla para o Obra: 
62 - 63.


¡¡¡ Outra mais de Jaime Fernéndez !!!


E a falta de 5 décimas para rematar o 3º cuarto, falta sobre Kasius, quen transforma os2 tiros libres.

Mediada a 2ª metade este era o marcador. 

Arrancaba o derradeiro cuarto con posesión para Unicaja...

... Francis Alonso non anota este lanzamento. 


Filipovity si o fai na sesuinte posesión. Canasta tras penetrar, e o Obra adiántase: 66 - 65.



Jaime Fernández facía o seu punto 14 para que Unicaja volvera a situarse por diante.

Perda do Obra, e J. Barreiro anota para os de Málaga: 66 - 69.

Robertson saca unha falta, anotando 1 dos 2 tiros libres: 67 - 69.

Recupera o Obra atras, e Robertson falla a continuación esta tripla. 


Brizuela fai o 67 a 71 esta acción.



Canastra e tiro libre convertidos por Álvaro Muñoz: 70 - 71.

Brizuela non anota esta tripla para seu equipo... 


E si anota de 3 Robertson na seguinte acción.
 O Obra por diante de novo.




Tras unha perda de Unicaja, Sabat obten o premio de anotar unha tripla que coloca ó Obra en +5: 76 - 71.



Francis Alonso anota esta bandexa frontal: 76 - 73.

Kassius Robertson lanza dende a esquina, pero non encesta.

Si o fai Eric para Unicaja dende a persoal. Suma outros 2 tiros libres: para facer o 76 a 75. 

Okouo anota tamen dende a persoal: 78 - 75.


Tripla vital de Francis Alonso...

Partido empatado a falta de poco más de 3 minutos.

Okouo non logra anotar este lanzamento


Cole si acerta coa canastra do Obra: 78 - 80.


Beliauskas erra nesta acción. Seu tiro non entra.



Francis Alonso lanza esta tripla...

Tripla que lle daba unha vantaxe de 5 puntos a Unicaja: 78 - 83.




Canastra con adicional para Birutis. Importante xogada para seguir con opcións novamente. 


Jaime Fernández e Robertson erran coas triplas que lanzan.

1 punto mais para Unicaja: 81 - 84.

Ellenson non converte a tripla ca que buscaba un novo empate.

Este vez Francis Alonso converte 1 dos 2 tiros libres que lanza. 


Unicaja 4 arriba.


Scrubb tamén anota 1 dos 2 tiros libres: 82 - 85.

Non entra esta tripla de Jonathan Barreiro...


Tras rebotear Unicaja, a pelota chegalle a Cole, que anota esta tripla: 82 - 88 a falta de medio minuto.

Na seguinte accion Hobbs non logra encestar...

Jonathan Barreiro anota 1 tiro libre segundos despois: 82 - 89.

Robertson non logra anotar a tripla...



E o partido chega ó seu fin co marcador en +7 para Unicaja.
 





Saudos cordiais entre todos os protagonistas do partido.

E o Obra despedíase ate a xornada do domingo, agradecendo con aplausos o cariño do público achegado a Vilagarcia. 

Na xornada do domingo tocaría o Breogán.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Vistas de página en total